Acordeonistas de Canido nas Festas de Ferrol

MARTES 28 DE AGOSTO – FESTAS DE FERROL


Caamaño Ameixeiras

Ao acordeón cromático e á voz, Sabela Caamaño (Oza dos Ríos, 1990) gusta de compartir o que sabe sobre o mundo oral e aural no conservatorio, onde ensina acordeón, piano, linguaxe musical e, sobre todo, a querer a música. Os paseos rigorosos dos seus dedos polo acordeón foron recoñecidos no International Folk Instrument Festival Competition en San Petersburgo, e no Trofeo de Acordeón Ibérico. Sabela foi pulindo as teclas con artistas como Oleg Sharov, Anne Landa, Ángel Huidobro, Iñaki Alberdi, Aníbal Freire, Ángel Luis Castaño, Esteban Algora, Volodymyr Runchak ou Mika Väyrynen.

No violino e na voz, Antía Ameixeiras (Soesto, 1993) inventou un instrumento de xoguete para subirse aos escenarios. O violino foi mudando nos conservatorios e nas asociacións culturais ata pousar axiña en Luar na Lubre. O seu tocar ecléptico débello a mestras coma Kate Young, Mia Marin, Sofia Hogstadious, Gutier Álvarez, Quim Farinha, Michalis Kouloumis. E daquela cousa polo instrumento xurdiu a Bolsa de Excelencia Artística Galega que a levou de xira polos EEUU con Carlos Núñez. Tamén a participación no filme La jota, de Carlos Saura, no eido da banda de Carlos Núñez, e os discos Tentemozo, dos Cempés, e Galiza, de Kepa Junkera.

 

Joaquín Enríquez e Sabela Caamaño

Ao acordeón, Joaquín Enríquez (Ferrol,1991) é titulado en Economía e Mestrado en Banca e Finanzas pola Universidade da Coruña sendo actualmente profesor na área de Finanzas desta Universidade. Como intérprete de acordeón recibiu numerosos premios en certames nacionais e internacionais, chegando a representar a España no ano 2010 no “60 Trofeo mundial do acordeón”. Así mesmo, formou parte das rondallas ferrolás Bohemios e Sonidos del alba, participando na Tradicional Noite das Pepitas. Conta cun traballo discográfico en solitario, “Misturas” no que mostra como o acordeón ten cabida en diversos estilos musicais dende a música clásica á máis tradicional. Nesta ocasión acompáñao a acordeonista Sabela Caamaño.

Lucía Pérez (Presentadora do evento)

Lucía Pérez cantante galega cunha gran traxectoria musical de máis de 15 anos no mundo da música, con 8 discos no mercado.

Lucía foi tamén a primeira galega en conseguir representar a España no Festival de Eurovisión, en Düsseldorf (Alemania) no ano 2011.

Paralelamente a súa actividade artística, traballou na Televisión de Galicia, con programas como «Especial Fin de ano», «Heicho cantar queridiña»,                             «Destino Santiago» e máis recentemente en «Quérote tanto».

Acordeonistas de Canido nas Festas de Ferrol

Deja una respuesta

Scroll hacia arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies