Nota de prensa

A asociación de acordeóns de Canido-Ferrol e a cantante eurovisiva Lucía Pérez promoveron o concerto que organiza a concellería de cultura e Festas do Concello de Ferrol o próximo martes 25 ás 21:30 horas na Praza de Armas.

Trátase dun concerto que pretende fomentar e impulsar o acordeón e a súa música.

Contaremos coa participación do dúo Caamaño Ameixeiras (formado por Antia Ameixeiras, quen foi compoñente de grupos como Luar na Lubre e Carlos Núñez e Sabela Caamaño recoñecida acordeonista galega e profesora no conservatorio da coruña), Joaquín Enríquez (acordeonista presidente da asociación de acordeóns de Canido-Ferrol e profesor da Universidade da Coruña) así como con Lucía Pérez, que será a encargada de conducir o evento ademáis de deleitarnos con alguns temas do seu último traballo 15 soles.

Os promotores do evento invitamos a todo o público a que se anime a recoller as invitacións na plataforma Ataquilla para gozar dun concerto con todas as garantías. Neste sentido agradecemos ao Concello de Ferrol e á concellería de cultura o feito de que teña interés en comprometerse pola cultura, sempre que se cumpran as condicións de seguridade, nestes momentos tan difíciles non só sanitarios se non tamén económicos, que afectan de maneira moi intensa ao sector cultural do cal tamén dependen numerosas familias.

Asoc. Cultural Acordeonistas de Canido-Ferrol

Lucía Pérez

Nota de prensa

Deja una respuesta

Scroll hacia arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies