A Asociación de acordeonistas de Ferrol súmase mañá á iniciativa #maiosnaxanela

A asociación de acordeonistas de Canido-Ferrol viase obrigada hai unas semanas a aprazar o festival de acordeóns que se ía a celebrar este venres día 1 de Maio. O Festival presentado por Lucía Pérez pasaba ó próximo sábado 26 de Setembro convertíndose nun festival de carácter solidario.

Sen embargo, ante a iniciativa da entidade veciñal de Canido de continuar cos Maios nas Xanelas decidimos sumarnos a esta proposta organizando un pequeno concerto a traves da canle da asociación en youtube para este venres día 1 ás 19:00 que servirá de previo ao gran Festival que agardamos poder celebrar o Sábado 26 Setembro.

A este concerto online se suman numerosos músicos, entre eles contaremos con: o propio grupo de acordeóns de Canido, os acordeonistas de Cedeira, os membros da Asociación Cultural Cetárea de Cedeira, a acordeonista do Circo do Sol  Sara Formoso, así como a propia presentadora do I Festival de solidario de acordeóns de Ferrol, a cantante Lucía Pérez que tamén nos agasallou unha canción acompañada ao acordeón.

A Asociación de acordeonistas de Ferrol súmase mañá á iniciativa #maiosnaxanela

Deja una respuesta

Scroll hacia arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies