Aprázase o I Festival de Acordeóns Cidade de Ferrol a Setembro, converténdose nun festival solidario.

 

NOTA DE PRENSA

Aprázase o I Festival de Acordeóns Cidade de Ferrol a Setembro, converténdose nun festival solidario.

A asociación de acordeonistas de Canido-Ferrol, ante a ampliación do estado de Alarma anunciado polo presidente do Goberno, decidiu na mañá de hoxe aprazar para o próximo Sábado 26 de Setembro o Festival de Acordeóns previsto para o 1 de Maio.

Atendendo a que a situación actual está a ter un forte impacto socieconómico, dende a nosa entidade plantexámonos asimesmo reenfocar o festival convertíndoo nun festival de carácter solidario, pasando a ser “I Certame Solidario de Acordeóns Cidade de Ferrol”. Neste sentido agradecemos a axuda e colaboración da Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol capitaneada pola concelleira Eva Martínez Montero así como á entidade Intrabarrial do Barrio de Canido.

En canto ao cartaz, mantéñense os grupos confirmados así como a homenaxe ao profesor Xavier Díaz Carrasco e a conducción do Festival a cargo da cantante eurovisiva Lucía Pérez

Aprázase o I Festival de Acordeóns Cidade de Ferrol a Setembro, converténdose nun festival solidario.

Deja una respuesta

Scroll hacia arriba

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies