
A asociación de Acordeóns de Canido Ferrol, en Xunta Directiva celebrada esta mañá de xeito telemático acordou por unanimidade nomear a Rocío Rodríguez Padín, presentadora do Luar da Televisión de Galicia, socia de honra da nosa entidade.
Deste xeito a asociación quere mostrar o seu enorme agradecemento á colaboración desinteresada na gravación da Canción e videoclip de Canido así como o cariño e interese en axudar mostrado en todo momento por parte de Rocío xa non só coa nosa entidade senón co propio barrio de Canido.