NOTA DE PRENSA
Ferrol 30 de Decembro de 2019
Nace unha nova entidade no barrio de Canido: A “Asociación Cultural Acordeonistas de Canido-Ferrol”
Na mañá de hoxe iniciouse a constitución da nova entidade “Asociación Cultural Acordeonistas de Canido-Ferrol”. Esta entidade nace no barrio de Canido de Ferrol dentro do grupo de acordeóns que xurdiu a partir das clases de acordeón que a asociación veciñal de Canido ofertou neste curso, e cuxo local de ensaio é facilitado pola entidade cultural Muíño do Vento de Canido.
Esta nova asociación pretende promover a música do acordeón e aglutinar a aqueles acordeonistas da nosa cidade. Compre salientar que en Ferrol non existía ata este momento una entidade destas características. Os principais obxectivos que se marcan dende a Directiva da nova entidade, presidida polo acordeonista e profesor univeritario Joaquín Enríquez e da que tamén forman parte os presidentes da asociación Veciñal – Roberto Taboada – e de Muíño do Vento – Rafael Aguirrebengoa – pasan fundamentalmente por promover a música deste instrumento, achegar a música do acordeón ás novas xeracións así como desenrrolar festivais e audicións nas que o acordeón sexa o protagonista e que constribúan a dinamizar ainda máis a cultura no propio barrio de Canido e na cidade de Ferrol.
Dende a Directiva queren destacar que todos aqueles que desexen atopar máis información a Asociación Cultural Acordeonistas de Canido Ferrol pon a disposición a web www.acordeonistasferrol.es